mércores, 16 de maio de 2018

ABRIL - MES DO LIBRO

PANEL DA ENTRADA
No vestíbulo do instituto con nubes e gotas cheas de libros que caen a un prado con flores. Co lema: Choven libros en abril.
Resultado de imagen de leer



EXPOSICIÓNS
Panel fronte a biblioteca con dous grandes libros para animar o alumnado a escribir frases sobre a lectura.

Exposición: as distintas actividades na Idade Media, feita polo alumnado de 2º da ESO.

O noso xardin: co lema: flores e libros agroman en abril.

Frases sobre a lectura feitas en cartulina e expostas nos ventanais do instituto.


BIBLIOTECAS NA RÚA
O noso instituto organizou como todos os anos,o día das bibliotecas na rúa, invitando a participar o  instituto nº 1, con postos de libros para animar a xente a lectura e a facerse socios das distintas bibliotecas. Este curso as lecturas versaron sobre os autores das rúas de Carballiño.


PARA VER MÁIS FOTOS E VÍDEOS FAI CLICK EN: FOTOS BIBLIOTECAS NA RÚA 2018


XOGANDO CON LIBROS...



Xogamos con libros, actividade para alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º. Fragmentos de:

  • Marilar Aleixandre, a cabeza da Medusa
  • Maite Carranza, palabras envenenadas
  • Ana alcolea, o retrato de Carlota
  • An Alfaya, a sombra descalza
  • Fernández Paz, corredores de sombras 
  • Marina Mayoral, quen matou a Inmaculada Silva? 
  • M. Rivera de la Cruz, otra vida para Cristina
  • Blanca Alvarez, el escritor asesino
  • Sierra i Fabra, el asesinato de la profesora de lengua
  • Fernández Paz, as flores radioactivas

O alumnado tiña que asignar catro fragmentos a cada un dos libros.








Ningún comentario:

Publicar un comentario