Coñece a nosa Biblioteca

xoves, 27 de abril de 2017

Boletín.- MES DO LIBRO

Boletín nº 3 sobre novidades no expositor da biblioteca.

mércores, 19 de abril de 2017

Xogamos con libros.- MES DO LIBRO

Participación en: Xogamos con libros, fragmentos de: Marilar Aleixandre, a cabeza da Medusa, Maite Carranza, palabras envenenadas (4º ESO); Ana alcolea, o retrato de Carlota, An Alfaya, a sombra descalza, Fernández Paz, corredores de sombras (3º ESO); Marina Mayoral, quen matou a Inmaculada Silva?, M. Rivera de la Cruz, otra vida para Cristina, Blanca Alvarez, el escritor asesino (2º ESO); Sierra i Fabra, el asesinato de la profesora de lengua e Fernández Paz, as flores radioactivas (1º ESO). A cada curso entregábaselle 4 fragmentos do libro e tiñan que averiguar a orde correspondente e rematar ao mesmo tempo a historia.

domingo, 16 de abril de 2017

Bibliotecas na rúa.- MES DO LIBRO

O noso instituto organizou como todos os anos,o día das bibliotecas na rúa, invitando a participar o instituto nº 1, a biblioteca municipal e centros de primaria con postos de libros para animar a xente a lectura e a facerse socios das distintas bibliotecas. Este curso as lecturas versaron sobre Carlos Casares, e versos de Gloria Fuertes.

martes, 4 de abril de 2017

Panel Gloria Fuertes.- MES DO LIBRO

Panel na galería conmemorando o centenario de Gloria Fuertes.

luns, 3 de abril de 2017

Panel na entrada do IES.- MES DO LIBRO

Panel na entrada do instituto cunhas cometas colgando pequenos libros e co lema: a lectura fainos voar.