Coñece a nosa Biblioteca

martes, 20 de decembro de 2016

mércores, 14 de decembro de 2016

O noso Xardín.- MES DOS DEREITOS HUMANOS

No noso Xardín da Biblioteca, adornos de nadal e dereitos humanos.

domingo, 11 de decembro de 2016

Nadal na Biblioteca.- MES DOS DEREITOS HUMANOS

Adornos na biblioteca con estrelas e lemas sobre a paz e os dereitos humanos



venres, 9 de decembro de 2016

Novidades para o Nadal

Expositor coas últimas novidades de libros.

Grandes inicias de Dereitos Humanos.- MES DOS DEREITOS HUMANOS

elaborado cos debuxos do alumnado de 2º da ESO sobre dereitos humanos...

Visualización para os de 2º da ESO e os Bacharelatos

Para os alumnos de 2º ciclo da ESO e bacharelato, unha presentación dun power sobre refuxiados e explicación do alumnado de 4º do seu traballo e exposición. 
Visionado dun documental sobre naufraxios no Mediterráneo feito sobre o traballo de Proactiva Open Arms no mar Mediterráneo.



mércores, 7 de decembro de 2016

Visualización presentación.- MES DOS DEREITOS HUMANOS

;"> Visualización dunha presentación sobre refuxiados e explicación do alumnado de 4º do seu traballo e exposición para os alumnos do 1º ciclo da ESO e 3º da ESO.
Conferencia dunha persoa que traballou nun campo de refuxiados en Grecia e lectura e presentación do cómic: los zapatos de mar de Aina Pujol (diseñadora gráfica) sobre o mesmo tema con música ao piano da propia conferenciante. Este cómic fíxose para recaudar fondos para os campamentos de refuxiados.

luns, 5 de decembro de 2016

Exposición sobre refuxiados.- MES DOS DEREITOS HUMANOS

Para non olvidar o drama dos refuxiados o departamento de Xeografía e Historia xunto coa Biblioteca organizamos unha exposición feita polo alumnado de 4º da ESO. Cada parella de alumn@s sobre un material en concreto: chaleco e flotador salvavidas, pantalóns, mantas, camisetas, manta de nenos, xersei, mochila… respostaban as preguntas (quen veñen?, por que veñen?, que dereitos teñen?, quen os axuda?, como veñen?, onde os metemos?, que debemos esixir ás autoridades?, que podemos facer?). Para ambientar estes feitos puxemos unha praia, unha barca con obxectos esparcidos e maniquíes que mostraban o drama das mortes así como unha gran sábana co lema ” Os seus Dereitos son o noso Naufraxio”

xoves, 1 de decembro de 2016

Panel refuxiados.- MES DOS DEREITOS HUMANOS

Debate.- MES DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Traballo e presentación con debate sobre a violencia de xénero de parte do alumnado de 4º cos de 2º da ESO, feito en coordinación co profesor de ética.
Para ver máis fotos, fai clic na imaxe.