Coñece a nosa Biblioteca

luns, 31 de outubro de 2016

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.- Actividades de coñecemento

No día das bibliotecas escolares o alumnado de 1º da ESO participou, na propia biblioteca, en actividades de coñecemento desta, como son:

  • Actividades da CDU, procura de libros…
  • Entrega de carnets de biblioteca para este alumnado.

domingo, 30 de outubro de 2016

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.- Chegan as cegoñas

Chegan as cegoñas cargadas de libros: para fomentar a lectura xuvenil contemporánea e de clásicos, feita para primeiro ciclo da ESO. Cegoñas con paquetes levan neles fragmentos de libros coñecidos polo alumnado e títulos con autores. O alumnado a través da lectura en alto para toda a clase ten que buscar nunha lista aportada pola coordinadora da biblioteca o título e o autor. Premio para a parella que conseguirá acertar máis títulos.

xoves, 27 de outubro de 2016

MES DA BIBLIOTECAS ESCOLARES.- Panel do xadín da Biblioteca

Panel, ao lado do xardín da biblioteca, con grandes letras da celebración do mes e anuncios sobre a función da biblioteca. Esculturas de libros no noso xardín feitas para todo o curso, colgando sobre elas carátulas de libros de alumnado de 4º da ESO.

martes, 25 de outubro de 2016

MES DAS BILIOTECAS ESCOLARES.- Panel Arte

Panel adicado á arte, onde se informa de todas as exposicións importantes en toda España e información sobre actividades artísticas representativas. Durante o curso fará o alumnado actividades relacionadas con este tema.



domingo, 9 de outubro de 2016

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.- Panel Informativo

Panel informativo no vestíbulo do instituto sobre as bibliotecas escolares con carátulas de libros e cigoñas feitas polo alumnado.