Coñece a nosa Biblioteca

venres, 27 de novembro de 2015

BASTA XA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

B A S T A  X A!!!!!!!!!!!
 

MES DA VIOLENCIA DE XÉNERO

PANEL DE ENTRADA

O MES DA VIOLENCIA. O XARDÍN DA BIBLIOTECA

O noso xardín vístese de negro polas vítimas da violencia, en recordo de cada unha delas, unha rosa negra co seu nome, ó lado dúas siluetas mostran o amor que deben prevalecer na parella.

O MES DA VIOLENCIA: EXPOSICIÓNS

A educación é a base para erradicar este tipo de violencia, debido a iso fixemos exposicións e actividades dirixidas ó alumnado para prever a violencia na adolescencia; unha destas exposicións sería: "A Violencia Convírtete nun Monicreque"

Colocamos carteis elaborados polo alumnos de 1º de Bacharelato, na materia de TIC.

Exposición de "Se te Quere non é Amor, é Violencia": claves para favorecer as relacións de parella.

Exposición "Violencia sobre a Muller ó Longo do Tempo"

REFUXIADOS

Exposición e cuestionario para todo o alumnado do instituo, con fin de concienciar deste problema e aclarar posibles dúbidas.

O MES DA VIOLENCIA DE XÉNERO: PANEL SOBRE AS VÍTIMAS NO ANO 2015

Recollemos o lugar das vítimas durante o ano 2015 ata esta data, en mans que representan o BASTA XA!

AXUDANTES DA NOSA BIBLIOTECA: OCTAVA XERACIÓN



BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS

Este ano decidimos traballar as exploracións xeográficas ao longo da historia co alumnado de ESO, elaborando un gran mural onde cada alumno se encargou dun explorador e do seu descubrimento

venres, 13 de novembro de 2015

OUTUBRO.- MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

  • No mes das Bibliotecas Escolares, xogamos cos libros
  • O Xardín da Biblioteca engalnase cunha B, feita con libros e adornada con flores.


  • Actividades de coñecemento da Biblioteca para o alumnado de 1º da ESO, con xogos variados e que lle permita á procura de todo tipo de material da Biblioteca e tamén o emprego de ordenadores e o coñecemento dos distintos espazos dos que dispoñe.
  • Actividade 1º e 2º da ESO no mes das Bibliotecas Escolares, Xogamos cos libros: fragmentos de libros escritos sobre gaivotas colocadas polo instituto. Cada clase ten que atopar un barco escondido coa portada do libro e logo traer cinco gaivotas con fragmentos dese libro, premio para o curso que remate antes e para os gañadores que atopen máis gaivotas do seu libro respectivo. Traballamos cos seguintes libros: Follas Novas de Rosalía de Castro, Memorias dun neno labrego de Neira Vilas, La celestina de Fernando de Rojas, La vuelta al mundo en 80 días de Julio Verne e Farsa de Bululú de Manuel María. 

mércores, 11 de novembro de 2015