Coñece a nosa Biblioteca

xoves, 18 de decembro de 2014

martes, 16 de decembro de 2014

FESTIVAL NADAL

Festival de Nadal co fin de recaudar fondos para a saída cultural a París dos cursos: 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato.

CLUB LECTOR 1º TRIMESTRE

Avaliación inicial.
Coñecemento da Biblioteca, actividades de velocidade e compresión lectora.
Obxectivos e libro do club de lectura coas súas actividade.
Partcipación no Festival de Nadal coa representación de "Negra Sombra", versión de Luz Casal
O noso alumnado do club de lectura.

O EXPOSITOR NO NADAL

As novidades lectoras para o Nadal, recordando que o mellor agasallo é un LIBRO. Para buscar libros na nosa Biblioteca fai clic aquí.

2ºESO PARTICIPA NOS DEREITOS HUMANOS

O alumnado de 2º da ESO deseña pequenos carteis relacionados cos distintos humanos.

EXPOSICIÓN SOBRE A FAME NO MUNDO E EN ESPAÑA

Coñecemos a fame e as súas causas a nivel mundial e tamén os problemas da fame en España que nos leva a unha maior desigualdade, a través dunha exposición cun cuestionario para que elabore o alumnado

PAPIROFLEXIA NO NADAL

O departamento de Matemáticas, xunto co alumnado elaborou estrelas. árbores e flores para celebrar os dereitos humanos e o Nadal con papiroflexia co gallo da celebración de Biblioteca Escolar e Matemáticas no curso 2014-2015.

MES DOS DEREITOS HUMANOS E NADAL

Cartel do Vestíbulo
 

martes, 9 de decembro de 2014

BOLETÍN DE NADAL

MES DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Vítimas 2014
Participación do alumnado da ESO: elaboración de mans con lendas contra a violencia de xénero.



Cartel do vestíbulo
Participación do alumnado de 1º de Bacharelato: elaboración de carteis contra a violencia de xénero.
 

O noso xardín está de luto pola violencia de xénero

Localización nun mapa de España das vítimas de violencia de xénero.



Participación do alumnado na rúa promocionado polo Concello de O Carballiño, levando este curso pautas para previr a violencia de xénero.
Exposición sobre a muller e a súa explotación.




martes, 18 de novembro de 2014

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

MES DAS BIBLIOTECAS

  • O alumnado de 1º da ESO participou, na propia biblioteca, en actividades de coñecemento desta, como son: Actividades da CDU, búsqueda na OPAC. O detective Tobías. Entrega de carnets de biblioteca para este alumnado.



  • O panel no vestíbulo do instituto sobre 50 anos de Mafalda cos seus personaxes.


  • Exposición sobre a nosa biblioteca e todo as actividades que poden desenvolver nela e sobre as mellores bibliotecas do mundo



  • Panel sobre os matemátic@s ao longo da historia nunha galería de exposicións do instituto.




  • Expositor da biblioteca , os comics de Mafalda e novelas de matemáticas relacionado coa celebración de Bibliotecas e matemáticas.




  • Recotables de mazás e peras nos que o alumnado poñían as función da biblioteca escolar nunha actividade deseñada pola biblioteca “ a biblioteca serve para….(todo o alumnado da ESO)

  • Creación do Club Lector os mércores pola tarde. Propúsoxe o libro Tesa de pilar Molina LLorente. Faranse actividades de comprensión lectora.

martes, 11 de novembro de 2014

xoves, 12 de xuño de 2014

BOLETÍN DE VERÁN

CLUB LECTOR

O noso Club volve a estar en marcha.

Estos son os nosos obxectivos


CLUB LECTOR

No segundo trimestre lemos La ladrona de libros.
No terceiro trimestre lemos Tristes Armas
Álbum fotográfico das actividades nas que participaron o Club lector: Acrósticos sobre a paz, Cartas de amor, Lectura de dereitos reproductivos nas rúas, Participación en Bibliotecas na Rúa e Representación de monicreques. 

MES DE XUÑO: MES DO MEDIOAMBIENTE

  • CARTEL no vestíbulo sobre o medioambienteNO VESTÍBULO SOBRE O MEDIOAMBIENTE
  • EXPOSICIÓN de fotografías de Sebastiao Salgado sobre o libro Génesis, para celebrar o mes do medio ambiente e como unha homenaxe á natureza.
  • XARDÍN DE FLORES autóctonas coas súas denominacións.

mércores, 14 de maio de 2014

MES DE MAIO.- Letras Galegas

  • Letras Galegas 2014
O homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas é Xosé María Díaz Castro, para máis información deste escritor facede clic na páxina http://www.diadasletrasgalegas.com
  • Taboleiro na entrada do Chamoso Lamas 
Celebramos as Letras Galegas con todos os escritores homenaxeados neste día.
  • O Xardín de Maio
Flores autóctonas de Galicia e lectura dos escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas
  • Homenaxe ás Letras Galegas
A coordinadora da Biblioteca (xunto con normalización lingüística) fixo un equipo de pintores para celebrar as Letras Galegas onde se debuxaron caricaturas dos homenaxeados nas letras e palabras escollidas polo noso alumnado e profesorado.
Grazas a todos os participantes: Alex, María e Yeray de 4º da ESO, Ángel de 2º da ESO e alumnos do Club Lector: Sara (1º), Jenni, Alejandra, Alba, Andrea (2º) e Sara, Carla, Lucía, Cristina de 3º xunto coas profesoras Mª José, Remedios e Maita (coordinadora), tamén o noso director partcipou como fotógrafo.
  • Obradoiro de deseño gráfico
No mes de Maio e Xuño a Biblioteca organizou xunto co Departamento de Filosofía un obradoiro de deseño gráfico.

xoves, 10 de abril de 2014

MES DO LIBRO

  • Cartel do mes.
  • Exposicións:
    Grandes autores ó longo da historia.

    O noso xardín: flores e libros agroman en Abril. No pétalos o alumnado escribiu fragmentos de libros da hora de ler.


    Participa e xoga coas flores: abre a flor e le.

    Celebramos o centenario de Octavio Paz.

    O salgueiro chorón mostranos libros representativos ó longo da historia.

    Amamos os libros, en distintos idiomas con fragmentos escritos nas follas e autores nos bugallos.
  • Celebramos o mes do libro coa selección de poesías en todos os cursos, escritas polo alumnado en follas de árbores, cun gañador por curso.
  • Concurso de fotografías relacionada coa lectura.
  • Regalo de fragmentos de libros, claveis no día do libro.

  • Bibiblioteca na rúa: mesas con libros diversos na que participan todas as bibliotecas da cidade, o mesmo tempo o alumnado le fragmentos de libros nos distintos idiomas falados por eles no centro, co actuacións musicais en directo.

xoves, 20 de marzo de 2014

MES DA MULLER

GAÑADORES DAS CARTAS DE AMOR

Os gañadores do concurso Cartas de Amor en castelán e en galego foron: Cristina Hermida de 3º da ESO e Francisco Ramallo de 1º de Bacharelato Humanístico.



martes, 11 de marzo de 2014

xoves, 6 de febreiro de 2014

MES DO NAMORADOS

  • CARTEL 

  • O CORAZÓN DA CARTEIRA


 O alumnado escribe cartas de amor e amizade ós seus propios compañeiros e o día 14 de Febreiro a coordinadora da Biblioteca repartirá as cartas.

  • CARTEL DO CONCURSO
No concurso, trátase de promover entre o alumnado  a comunicación epistolar a través dun concurso con varios poemas. 




    

xoves, 30 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ

O Día da Paz toda a comunidade escolar participou nun acto no que construimos o símbolo da paz, "queimamos" palabras en contra dos conflictos, fixemos a frase "TRABALLAMOS E LOITAMOS POLA PAZ" en cartulinas brancas que levantaron algúns alumnos. O comezo e o remate do acto, alumnado de 4º da ESO cantou unha estrofa do rap La paz do grupo Falsalarma.

xoves, 16 de xaneiro de 2014

XANEIRO, MES DA PAZ

Este curso adicamos o mes da paz a recordar os distintos conflictos a nivel mundial e o mesmo tempo celebraremos o 30 de xaneiro, no patio do instituto diversas actividades (queimar palabras defendendo a paz, formaremos unha frase sobre a paz e alumnado de 4º da ESO cantará un rap sobre a paz) nas que se implicará toda a comunidade educativa.