Coñece a nosa Biblioteca

venres, 8 de xuño de 2012

O MES DO MEDIO AMBIENTE

Exposición feita polo noso compañeiro Barbeito do departamento de Bioloxía e Xeoloxía para o día do medio ambiente que trata sobre as plantas medicinais desta zona, cunha explicación de cada planta que está previamente secada e pegada nun folio.

venres, 1 de xuño de 2012

EXPOSICIÓN ARTE E ANIMAIS

O artista Svjetlan Jurakovic gañador do primeiro premio de Libro Infatil e Xuvenil, mellor editado no ano 2007 deleitanos cunha caracterización animalística de personaxes e obras representativos da Historia da Arte, recollendo en cada animal algunha característica física, psicolóxica ou moral.

BOLETÍN LETRAS GALEGAS 2012

CELBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS: PAZ ANDRADE.- 2012

Recordamos a Paz Andrade no mes das Letras Galegas cun gran panel no vestíbulo da entrada do instituto e traballos feitos polos alumnos que se amosaron en distintas partes do centro, complentando traballos feitos por Normalización Lingüística como foron os marcapáxinas e carteis feitos por nenos de primaria.