Coñece a nosa Biblioteca

venres, 21 de outubro de 2011

O CLUB LECTOR OPINA

O Club Lector está a ler As flores radioactivas de Agustín fernández Paz

martes, 21 de xuño de 2011

mércores, 1 de xuño de 2011

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS: LOIS PEREIRO



O día 17 de maio celebramos o autor Lois Pereiro.

Somentes

intentaba conseguir

deixar na terra

algo de min que me sobrevivise

sabendo que deberia ter sabido

impedirme a min mesmo

descubrir que só fun un interludio

atroz entre dous muros de silencio

só puiden evitar vivindo á sombra

inocularlle para sempre a quen amaba

doses letais do amor que envelenaba

a súa alma cunha dor eterna

sustituíndo o desexo polo exilio

iniciei a viaxe sen retorno

deixándome levar sen resistencia

mércores, 4 de maio de 2011

Cal é o teu "libro especial"

Cando te preguntan por un libro, cal é no primeiro que pensas? cal é o libro que che trae os mellores recordos? por que? Comparte connosco a túa lectura favorita. Fai un comentario.

mércores, 16 de marzo de 2011

MES DA MULLER TRABALLADORA

Desexando que nun futuro academos a igualdade, adicamos todo o mes á muller para concienciar á comunidade escolar das diferencias que perviven.
Con este fin estamos a facer estas actividades e exposicións que podedes ver no noso blog.

mércores, 23 de febreiro de 2011

CLUB LECTOR 2010 2011

Formación do club de letura do segundo trimestre no curso 2010 2011

mércores, 9 de febreiro de 2011

DÍA DA PAZ




Exposición sobre carteis da guerra civil española

mércores, 2 de febreiro de 2011

OUTROS LIBROS RECOMENDADOS PARA O 2º TRIMESTRE

El Bosque de los árboles muertos LIBRO RECOMENDADO ( 2º TRIMESTRE)


Unha moza española vai pasar as súas vacacións a un Castelo de Escocia para perfeccionar o idioma. Pensaba que iba a ser un verán moi aburrido, pero o final convírtese nunha aventura chea de misterios

ACTIVIDADES

1.Lectura do libro, intercalando actividades cada certo tempo para comprender a lectura. (sinalar palabras descoñecidas, sinalar párrafo ou frase máis interesante, contestar preguntas feitas pola profe ou o alumnado, buscar algún feito ou frase no lido e ver a súa importancia, facer un breve resumo do lido…)

2.O libro trata en parte sobre a inxustiza da guerra –relacionado o tema co día da Paz- e os problemas que esta conleva. Debate do tema –guerras e consecuencias- e búsqueda de guerras contemporáneas a través de internet con posibles solución

3.Película: El laberinto del fauno (Toro, G) como remate do debate e cine fórum sobre a mesma

SAN VALENTÍN





Nestas semanas alumnos e profesores escriben cartas de amizade e de amor; no 14 de febreiro, día dos namorados o carteiro de amor as repartirá todas.

mércores, 19 de xaneiro de 2011

O LIBRO DO MES: Jane Eyre de Charlotte Brontë

Se queres saber algo máis deste libro e da súa autora, fai click na imaxe

O CAMIÑO DE SANTIAGO

A exposición O Camiño de Santiago conmemora o ano Xacobeo. A exposición foi realizada en colaboración co departamento de Lingua Castelá do IES Manuel Blanco Amor de Ourense e do departamento de Xeografía e Historia do IES Manuel Chamoso Lamas

mércores, 12 de xaneiro de 2011

FESTIVAL DE NADAL


Poesías de Miguel Hernández e música de Serrat para conmemorar e pechar o centenario do poeta