Coñece a nosa Biblioteca

mércores, 1 de decembro de 2010

A SEMANA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

SEMANA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Na semana do 22 o 26 de novembro, fixemos unha serie de conferencias sobre o problema da violencia de xénero impartidas por un grupo da Garda Civil especialista neste problema. Os grupos eran reducidos para poder traballar directamente con eles.
O mesmo tempo colgamos carteis para concienciar a nosa comunidade escolar sobre este grave problema, así como fixemos unha grand cartela con lazos lilas como unha chamada de atención para o noso alumnado.

CLUB DE LECTURA

Pincha aquí para ver todo o que estamos a facer

mércores, 24 de novembro de 2010

SAMAÍN OU HALLOWE'EN

Na semana de Samaín celebramos un concurso de cabazas na que participaron todos so cursos, tamén celebrouse un acto con representacións de lendas, presentacións doutras culturas (EEUU), etc.
Adornamos todo o Instituto partindo da Biblioteca onde tiñamos expostos libros de novela negra

mércores, 3 de novembro de 2010

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Celebramos o día das Bibliotecas Escolares do 25 ó 29 de outubro, cunha serie de actividades para introducir os noso alumnos de 1º da ESO na dinámica da Biblioteca facendoos participar nunha serie de xogos como "Busca unha sinatura" ´"Búsqueda de materias" " A Búsqueda do Tesouro" "Pódese non se pode" "Como busco en Internet" "Para que me serve un diccionario".


Tamén se presentou un power explicativo sobre a Biblioteca.

Con respecto ás familias ensiñouselle a Biblioteca na reunión das titorías, animandoos a utilizar os seus servizos e a colaborar nalgunhas actividades.

martes, 16 de marzo de 2010

MES DA MULLER

Adicamos todo o mes de Marzo a muller pois non queremos que quede nunha simple data recordatoria, senón a concienciación xeneralizada de evitar as desigualdades de todas as mulleres: no traballo, no fogar, na violencia de xénero, na publicidade, na política……
Desde a biblioteca organizamos unha serie de actividades para todo o mes:
  • Exposición da pintora brasileira Tarsila do Amaral feita pola profesora de lingua Lucía
  • Exposición sobre os sufrimentos pasados e presentes das mulleres organizada desde a biblioteca
  • Exposición sobre o libro: La cenicienta que no quiere comer perdices, enfocada cara a concienciación do alumnado, organizada pola biblioteca
  • Exposición sobre as desigualdades no mundo desenvolvido entre homes e mulleres feita polo profesor de administrativo Manuel
  • No expositor da biblioteca están a disposición de toda a comunidade escolar novidades de libros de mulleres, así como o boletín respectivo para consultar esas novidades

Feliz mes da muller!

Estivemos de entroido todo o Instituto! e para iso adornamos a biblioteca e o vestíbulo con máscaras e cintas de cores poñendo unha exposición de libros sobre o entroido en Galiza e de literatura cómico- satírica, en versión poesía, teatro e narrativa.

venres, 29 de xaneiro de 2010

A TERRIFYING HALLOWEEN

CLUB DE LECTURA

HOLA A TODOS: aquí tendes as actividades do club de lectura do segundo trimestre PINCHA AQUÍ

venres, 22 de xaneiro de 2010

CLUB DE LECTURA

Hola a tod@ aquí tendes algunhas das lecturas e actividades feitas no primerio trimestre no noso club PINCHA AQUÍ